MINOM-ICOM

International movement for a new Museology

Mouvement international pour une nouvelle Muséologie

Movimiento internacional para una nueva Museología

Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo acollen un encontro con membros de MINOM

29.11.2017

Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo acollen un encontro con membros de MINOM

 Varios membros de MINOM (Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía) integrado no ICOM (Consello Internacional de Museos) desenvolverán varias actividades nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo na xornada do xoves, 30 de novembro de 2017.

Entre estas actividades, está previsto o acto de entrega do chamado Núcleo Documental do Arquivo MINOM, unha reunión dos membros da executiva e unha mesa redonda con diversos especialistas e activistas de diversas asociacións da provincia de Lugo.

 MINOM reúne aos profesionais que traballan en museos da comunidade, ecomuseos, grupos especializados na organización de actividades culturais, xestión e mediación cultural e as institucións culturais implicadas en comunidades locais. O MINOM incita ás institucións museísticas e aos museólogos a enfrontarse aos desafíos actuais, a xerar accións patrimoniais nas súas comunidades e a participar nos debates das colectividades nas que están implicados como mediadores. Os membros do MINOM organizan reunións e intercambios rexionais como o que vai ter lugar en Lugo, nos museos da Rede Museística, o xoves, 30 de novembro de 2017.

 PROGRAMA

»Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

12:00 h.- Recepción aos membros de MINOM por parte do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

A continuación procederase á sinatura de aceptación de doazón á Rede Museística por parte de representantes deste movemento do Núcleo Documental para  o Estudo do MINOM.

Interveñen: Ana Mercedes Stofell, en representación de MINOM, e Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo.

Asisten: Pilar García Porto, deputada de Cultura, José Tomé Roca, alcalde de Monforte, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Acto seguido debaterase a proposta de Pedro Pereira Leite e Mario de Souza Chagas, presidente de MINOM, para avaliar a candidatura da Rede Museística e que Lugo sexa sede da XIX Conferencia Internacional MINOM-ICOM 2019.

»Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol

De 17:00 a 17:30 h.- Ana Mercedes Stoffel expón as características e contidos do Núcleo Documental para o Estudo do MINOM.

De 17:30 a 19:30 h.-Mesa ‘MINOM e Museos de Comunidade’

Participan: Mercedes Stoffel, Isabel Víctor, Pedro Pereira Leite, Juan Sandoval, Encarna Lago xunto con representantes de colectivos e asociación da provincia de Lugo que participan activamente nos proxectos de museoloxía social que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo.

+ info

Xerencia da Rede Museística: Tfno.: 699 836 883 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

 
Galeria